A
marca

Aos vinte e poucos anos creei os primeiros bosquexos da marca. Lembro mercar varios retallos con 50 euros e empezar a darlle forma a VILAR AND CO. Acababa de rematar a carreira e quería, por fin, facer o que realmente me gustaba. Sen moita experiencia nin recursos, fun medrando pouco a pouco.

Retrato de VILAR AND CO nun contorno urbano
Patróns de confección de VILAR AND CO sobre unha mesa de traballo

Desde entón aprendín moito, pero procuro non perder de vista aquilo que me levou a empezar.

Moitas desas ideas aínda me acompañan e forman parte das bases da marca, que, co tempo, desenvolveu unha identidade propia e independente da miña.

Proceso e atmosfera de VILAR AND CO
Ribeirana na feira de Pastoriza, Arteixo, principios do século XX. Fotografía de Pedro Ferrer
Ribeirana na feira de Pastoriza, Arteixo, principios do século XX Pedro Ferrer

Hoxe, coa axuda e o traballo de varias mulleres, seguimos dándolle forma a este proxecto para que non deixe de evolucionar.

Detalle dunhas mans cosendo unha peza de VILAR AND CO
Traballo de confección no obradoiro de VILAR AND CO

Coa mente posta no produto e a inspiración no noso contorno, desenvolvemos pezas case únicas, cunha linguaxe e un estilo propios, afastados das tendencias e pensando nas nosas clientas. Hai anos imaxinaba como serían. Agora, de cando en vez, crúzome con algunha pola rúa.

Grazas por estar aquí,

Pedro V.